Galiza Nova renova a dirección comarcal
Por Redacción
Xoán Antelo, de Cerdedo-Cotobade e Andrea Ferrer, de Poio, son desde agora as persoas responsables de Galiza Nova na comarca de Pontevedra, elixidas na asemblea do pasado sábado 9 de outubro.
Así, culmina un proceso de renovación de persoas e proxecto tras a XVI Asemblea Nacional celebrada o 11 de setembro deste mesmo ano en Pontevedra.
"Marcámonos como retos ampliar a base militante e simpatizante en todas as localidades", dixo Xoán Antelo logo de ser elixido.
A organización xuvenil vén de crear unha conta de Instagram (@pontevedra_gn), coa que espera conectar de forma máis directa e actual coa mocidade.
Andrea Ferrer afirmou estar "moi ilusionada pola confianza das miñas compañeiras e co proxecto que representan Galiza Nova e o BNG para gañar unha nova Galiza".