Sanxenxo segue gañando adeptos: a metade dos turistas de setembro estreábanse no destino
Por Redacción
Sanxenxo acaba de vivir unha ponte do Pilar con moi alta ocupación de visitantes no que se superaron as expectativas previas e, ademais, acaba de facer balance da actividade das súas oficinas de turismo que constata que tamén no mes de setembro superou cifras pre pandemia.
Desta forma, como ocorreu en agosto, e como volveu pasar esta ponte, os indicadores turísticos de Sanxenxo volven afianzar a recuperación do sector no mes de setembro. Durante este período, as oficinas situadas no porto deportivo de Sanxenxo e en Baltar lograron superar os rexistros non só de 2020, nun 74,45%, senón tamén de 2019, nun 24,14%.
Un total de 1.283 persoas, a maioría entre idades comprendidas entre os 35 e 60 anos e de territorio nacional, pasáronse polas oficinas para buscar información achega do municipio, 602 en Sanxenxo e 681 en Portonovo.
Se usamos a actividade desta oficinas como barómetro, a localidade segue atraendo a novos visitantes cada ano. Así, do total de turistas que acudiron ás oficinas, o 50,91% visitaron Sanxenxo prol primeira vez. Segundo confirmou o Concello, é un perfil de novo visitante que xa vén repetindo en meses anteriores.
En canto ao tipo de aloxamento, o 55,73% fixérono en hoteis, o 19,92% en apartamentos e o resto elixiron cámping, pensión, casa rural, barco ou autocaravana.
Visitaron as oficinas turistas de 12 países diferentes e 16 comunidades autónomas españolas. A procedencia do visitante continúa sendo preferentemente de España sendo Castela León, Madrid, Asturias e País Vasco os lugares de orixe máis numerosos no cómputo total.
En canto aos visitantes internacionais, 148, tamén se incrementou a cifra respecto a 2020, 12, e 2019,122. Neste caso o maior número de turistas estranxeiros procedían de Portugal (103) seguidos de Francia (14) ou Alemaña (10).
A información máis demandada é lugares que poden visitar, planos do municipio, viaxes en barcos a illas, natureza, praias, roteiros de sendeirismo, festas, gastronomía, adegas e actividades.
Relacionadas:
-
Sanxenxo exhibe o seu potencial turístico na feira World Travel Market de Londres
Por Redacción |
-
Sanxenxo rexistrou en setembro o 11% das pernoitas rexistradas en Galicia
Por Redacción |
-
Propoñen habilitar áreas recreativas nas contornas das praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A provincia rexistrou unha ocupación hoteleira do 75% na ponte do Pilar
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo confirma a recuperación do turismo cunha ocupación superior á ponte do Pilar pre pandemia
Por Natalia Puga |
-
Sanxenxo sumou en agosto o 35% das pernoitas da provincia e o 15% de Galicia
Por Redacción |