Santa Clara vai medirse con tecnoloxía tridimensional en alta definición
Por Redacción
O mércores 13 de outubro inícianse os traballos para medir e documentar graficamente o recinto de Santa Clara, dentro das últimas tramitacións que o Concello de Pontevedra realiza para adquirir este espazo.
Destas operacións obterase unha mostra gráfica en 3D e de alta definición, a primeira destas características que se realiza neste marco. Documentarase tanto a parcela como as construcións que se atopan no seu interior.
Realizarase un levantamento topográfico de detalle, analizaranse plantas, seccións e alzados dos edificios e dos muros, ademais de obter panorámicas de 360 graos, entre outras análises.
Con esta actuación coñecerase o volume edificado total, segundo explicaba o concelleiro responsable de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, que sinalou que ata o momento non existían estes datos en relación co recinto.
A empresa pontevedresa Geomati- k Ingeniería será a encargada de acometer estes traballos, que se iniciarán na zona exterior do conxunto histórico, na rúa Santa Clara para despois continuar no convento e na igrexa, recollendo datos tanto do interior como do exterior. Tras o traballo de campo que se estenderá durante varias semanas, despois realizarase un estudo en oficina para tratar os datos obtidos, segundo informan desde o Concello de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Santa Clara xa é de toda Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Prevén asinar a adquisición do convento de Santa Clara durante a primeira semana de decembro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Concello desbloquea os 3,2 millóns para a compra de Santa Clara
Por Redacción |
-
A compra do convento de Santa Clara só está pendente da sinatura na notaría
Por Redacción |
-
A compra de Santa Clara, cada vez máis preto: será efectiva dentro dun mes
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Taxan en medio millón de euros o valor dos bens artísticos de Santa Clara
Por Alejandro Espiño |