Desmantelan unha plantación de marihuana cun enganche ilegal ao tendido eléctrico nun invernadoiro en Vilanova
Por Redacción
A Garda Civil investiga un veciño de Vilanova de Arousa de 32 anos como presunto responsable dunha plantación de marihuana localizada nun invernadoiro da súa propiedade.
A plantación deuse por desmantelada e ao seu propietario atribúenselle dous delitos: un de tráfico de drogas por cultivo de marihuana e outro delito de defraudación de fluído eléctrico, xa que se constatou un enganche clandestino á subministración pública.
As investigacións iniciáronse hai un mes aproximadamente porque a Garda Civil tivo coñecemento dun posible enganche ilegal na subministración eléctrica da rede pública. As pescudas conduciron aos axentes a un invernadoiro situado nunha leira privada e alí atoparon unha plantación de marihuana.
A plantación tiña 20 plantas de cánnabis sátiva en pleno período de floración que foron arrincadas e tamén se localizou un contedor frigorífico con outras 16 plantas, de tamaño máis pequeno, ademais de numerosas restos de florescencias en fase de secado, así como materiais e útiles para o crecemento, coidado e tratamento.
Entre outras ferramentas, había dos ventiladores, un deshumidificador, siete focos de iluminación con lámpadas de alto consumo, un extractor de aire, un filtro de aire, tres temporizadores, tres transformadores, unha picadora industrial e abonos minerais.
O home non foi detido, senón que figura como investigado. As dilixencias instruídas, os efectos intervidos e as plantas incautadas foron postos ao dispor do Xulgado de Garda de Vilagarcía de Arousa, onde terá que comparecer cando sexa requirido pola autoridade xudicial.
O operativo incluíu un rexistro na propiedade e implicou a efectivos dos postos da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis, entre eles, o Equipo de Investigación da Compañía de Vilagarcía.
A operación enmárcase nas actuacións previstas pola Garda Civil no marco da denominada operación Miller, que se desenvolve por terceiro ano consecutivo contra instalacións ou plantacións de cultivo de cánnabis en todo o territorio nacional.