Devoradores de chulas
Por Oskar Viéitez
A Escola Infantil do campus pontevedrés goza do Samaín.
Ademáis da tradicional festa de disfraces que terá lugar este venres, o centro tamén organizou un obradoiro gastronómico no que os cativos aprenderon a preparar chulas de cabaza axudados polas súas educadoras. "ÿ unha forma lúdica de entren en contacto cos costumes da sociedade", explica Ángeles Rodríguez, directora da escola.
Ademais de coñecer os elementos máis significativos desta festividade celta, os nenos tamén tiveron a oportunidade de manipular alimentos e ingredientes, tales como a carne da propia cabaza, azucre, ovos e fariña. "Foron os propios cativos, coa supervisión do corpo docente, quen botaron as compoñentes e confeccionaron a masa para as chulas", relata Rodríguez que confesa sentirse sorprendida da naturalidade coa que os rapaces se desenvolveron durante a actividade.
O resultado, varias lavadoras de roupa sucia "pero tamén bandexas e bandexas de doces que non dubidaron en probar".
Despois do Samaín toca "vestirse de Magosto". A Escola Infantil xa está en conversas co Concello de Pontevedra para organizar para o vindeiro 9 de novembro unha "auténtica romaría" na que non faltarán castañas e música.