O programa de formación para adultos de Cuntis consolídase como unha referencia en toda a comarca
Por Redacción
O programa de formación para adultos posto en marcha no ano 2003 polo Concello de Cuntis para a obtención do graduado escolar en Educación Secundaria "é toda unha referencia na comarca" pola boa media de alumnos que consigue.
Actualmente conta con dúas mestras con 25 horas semanais nas que imparten clases para unha media de 25 alumnos matriculados nos catro cursos da ESO e unha decena consegue cada ano o título académico.
Este programa está dirixido a persoas maiores de 18 anos ou menores que conten cun contrato laboral en prácticas que non terminaron con éxito a súa formación educativa. Este ano o horario é de luns a xoves de 19 a 22 horas no Centro de Formación Ocupacional de A Ran.
O alcalde Manuel Campos mostrou a súa satisfacción por contar Cuntis cun programa deste calibre no que se busca a mellora de oportunidade laborais a través da educación.
Relacionadas:
-
Buscan un asistente social e docentes para cursos de formación en Cuntis
Por Redacción |
-
Doce alumnos de mellora forestal do Centro de A Ran inician as prácticas en empresas da contorna
Por Redacción |
-
Cuntis creará unha Aula Mentor para impartir formación telemática
Por Redacción |
-
Novos programas de emprego da Xunta para a Mancomunidade do Salnés e os concellos do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
O centro de formación da Ran acolle dous cursos para mellorar a inserción laboral
Por Redacción |