A provincia rexistrou unha ocupación hoteleira do 75% na ponte do Pilar
Por Oskar Viéitez
A ponte do Pilar foi todo un "éxito" para o sector turístico da provincia de Pontevedra. Así o constatou o observatorio de Turismo Rías Baixas que vén de confirmar unha ocupación hoteleira media superior ao 75% que confirma a tendencia rexistrada durante o verán que consolida á provincia como líder en Galicia e un dos principais destinos do Estado.
A comarca de Vigo foi a que acadou a maior porcentaxe, cun 82% de ocupación media nos establecementos hoteleiros, seguida do Salnés e O Morrazo, cun 75%. A comarca do Baixo Miño superou o 72%, a de Pontevedra o 71,5%, as comarcas de Deza e Terra de Montes o 68%, a de Caldas o 58,5% e as do Condado e da Paradanta o 47%.
Por concellos, Baiona superou o 82%, Vigo o 81%, Sanxenxo e Pontevedra o 78% e O Grove o 69,5%.
No que respecta aos establecementos de turismo rural, a ocupación media na provincia durante a ponte foi do 65%.
Mención aparte merece a ocupación media das vivendas turísticas que acadaron un 87% durante a ponte, cunha forte presenza do turismo nacional do sur de España e da Comunidade Valenciana. Puntos concretos como Vigo, Sanxenxo, O Grove, Pontevedra, Cambados, Nigrán e Baiona chegaron ao 100% de ocupación.
No que respecta ao perfil dos turistas que se achegan ás oficinas da Rede Info Rías Baixas tratáronse de visitantes maioritariamente españoles (93%) procedentes de Madrid, Barcelona, Vizcaya e Valladolid. No caso das persoas estranxeiras (7%) proviñan de Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Suecia, Francia e Reino Unido.
A porcentaxe maioritaria tiña entre 35 e 60 anos, aloxáronse en hoteis cunha estancia media de entre 4 e 6 días e visitáronos pola oferta cultural e de ocio.
NOVO PREMIO INTERNACIONAL
A provincia volve a estar de parabéns tras coñecerse que o audiovisual "Sigue o teu instinto", co que a Deputación promocionou o turismo no 2020, ven de acadar o seu sétimo galardón ao alzarse co terceiro premio na categoría de produto turístico no Festival de Turismo de Riga (Letonia). Deste xeito, a peza producida por Esmerarte e protagonizada pola actriz Celia Freijeiro, volve a situar o territorio no mapa internacional.
Relacionadas:
-
Sanxenxo exhibe o seu potencial turístico na feira World Travel Market de Londres
Por Redacción |
-
Sanxenxo rexistrou en setembro o 11% das pernoitas rexistradas en Galicia
Por Redacción |
-
3.000 citas foron xestionadas entre 160 empresas de Madrid e Valencia para promover as Rías Baixas
Por Redacción |
-
Igualdade, turismo, Axenda 2030 e deporte unen Pontevedra e Valencia
Por Redacción |
-
Vilagarcía solicita 3,4 millóns de euros ao Ministerio de Turismo para diferentes proxectos
Por Redacción |
-
O PP de Poio pide ao Concello que regule as vivendas e apartamentos turísticos
Por Redacción |
-
Repunta de solicitudes de axudas á dixitalización do sector turístico a dez días do seu peche
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Sanxenxo segue gañando adeptos: a metade dos turistas de setembro estreábanse no destino
Por Redacción |