Os populares de Ponte Caldelas reclaman o arranxo dos camiños interiores de Parada
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular de Ponte Caldelas levará ao vindeiro Pleno as queixas recibidas por parte de varios veciños do lugar de Parada sobre o mal estado de conservación da rede interior de camiños "que está a provocar reiteradas caídas de persoas maiores".
Estas queixas sobre o mal estado dos viais céntranse fundamentalmente no Camiño do Maruco, no do Naval do Río, Camiño da Moreira, Camiño das Cernadas e o da Laxa, ademais da Presa da Roca.
Os concelleiros do Partido Popular esixirán ao equipo de Goberno no vindeiro Pleno que se leve a cabo unha actuación en profundidade polo menos neses camiños reseñados e se acometa tamén a limpeza e rehabilitación do lavadoiro do Camiño do Naval do Río así como a Presa da Roca "que se atopa nun estado lamentable".
SISTEMAS DE ANCLAXE DOS CONTEDORES DE LIXO
Ademais, os concelleiros pediranlle ao equipo de Goberno que habilite medidas de anclaxe dos contedores de lixo que están na estrada principal cara San Vicente "porque cando inciden sobre eles os fortes ventos e as precipitacións metereolóxicas representan un perigo para a seguridade viaria tanto dos peóns como dos vehículos xa que desprázanse con facilidade invadindo a calzada co grave risco de accidente".
Por último, pedirán ao equipo de Goberno que se incrementen os puntos de luz e que se substitúan as vellas luminarias por outras de tecnoloxía LED menos contaminantes e máis eficaces e eficientes.