Regades afirma que o Partido Socialista volverá gañar as Eleccións Municipais en 2023
Por Redacción
A delegación da provincia de Pontevedra que está a participar no 40º Congreso Federal do PSOE, considera que "o Partido Socialista está a enviar unha mensaxe de fortaleza á sociedade, dende a esquerda e dende o compromiso claro de seguir ocupándose con determinación por afrontar os problemas reais da xente".
O secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia, David Regades, subliña que "este é o camiño correcto" e recalca que o Partido Socialista na provincia, "ao igual que en España" está ocupado en "mirar á cara á xente dende o poder municipal que ostentamos nas 23 alcaldías da provincia e na Deputación".
Regades insiste en que o socialismo goberna directamente ou en coalición a 600.000 das 900.000 persoas que residen na nosa provincia.
"Volveremos gañar as próximas Eleccións Municipais en 2023 para seguir traballando en clave cidadá", recalcou, "porque a nosa campaña electoral consiste en gobernar os catro anos do mandato dende a proximidade e a escoita permanente".
O secretario xeral pontevedrés considera que, unha vez rematado este Congreso Federal, o proceso orgánico galego tamén debe saír adiante "nunha clave exclusivamente propositiva, achegando ideas que proporcionen benestar ao conxunto das galegas e galegos".
A delegación da provincia que está a participar no Congreso de Valencia e encabeza por Abel Caballero está pechada polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.
Nesta lista paritaria tamén participan a presidenta da Deputación, Carmela Silva Rego; o propio secretario xeral provincial, David Regades Fernández; a subdelegada do Goberno, Maica Larriba García; o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela Paz; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas Gómez; a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez Barral; o alcalde da Cañiza e secretario provincial de Organización, Luis Gómez Piña; a alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel Guisande; o tenente de alcalde de Pontevedra, Agustín Fernández González; a deputada autonómica Paloma Castro Rey; o tenente de alcalde de Mondariz, José Luis Fernández Piñeiro; a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón Domínguez; a secretaria nacional de Igualdade do PSdeG, Icía García Fernández; a vicesecretaria provincial, Paula Fernández Pena; o vicesecretario provincial de Acción Electoral, Manel Vázquez Vázquez; a deputada Leticia Gallego Sanromán; o concelleiro vigués Ángel Rivas González; a tenente de alcalde de Poio, Chelo Besada Lores; a vocal do Comité Provincial e voceira municipal no Concello de Forcarei, Ana Doval Fraiz, e o secretario de Política Municipal da Executiva provincial, José Valcárcel Riveiro.
Relacionadas:
-
Paloma Castro entrega os avais para optar á secretaría xeral do PSOE provincial
Por Redacción |
-
O PSOE fixa para xaneiro o seu congreso en Pontevedra e apela á unidade
Por Redacción |
-
O PSOE anuncia a lista de delegados por Pontevedra no seu próximo Congreso Federal
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O Partido Socialista xa ten a cabeza nas próximas eleccións municipais de 2023
Por Redacción |