Brincabois abre o servizo de identificación micolóxica a todos os afeccionados aos cogomelos
Por Redacción
Comezan as actividades outonais da Asociación Micolóxica Brincabois co servizo de identificación micolóxica aberto a todos os afeccionados aos cogomelos que se acerquen co fin de que os membros desta asociación lles aporten unha correcta identificación dos exemplares que recolleron.
Todos os luns, ata o 20 de decembro, de 20:30 a 22 horas, no Bodegón Arca, na Rúa Álvarez Limeses, nº 9 de Pontevedra.
Os martes ata o 21 de decembro, de 20 a 21 horas, no Centro Social do Gorgullón.
E os mércores ata o 22 de decembro, de 20:30 a 22 horas, no bar La Reina del Raxo, na Avenida de Lugo, en Pontevedra.
Relacionadas:
-
RADIO.- "A ser menciñeira apréndese, pero fai falta ter ese don que che axuda e permíteche facer certas cousas que outros non fan"
Por Redacción |
-
A I Festa dos Cogomelos celebrarase esta fin de semana no Gastroespazo do Mercado
Por Redacción |
-
Unha exposición reúne no campus preto de 40 especies de fungos
Por Redacción |
-
Atopan un valioso cogomelo 'reishi' de 8 quilos na Caeira
Por Redacción |