De Pontevedra a Teixeiro para protestar pola "claudicación del Estado" coa liberación de Inés del Río
Por Natalia Puga
Ignacio Menéndez desprazouse este martes dende Pontevedra ás portas do cárcere coruñés de Teixeiro. Chegou acompañado por outro veciño da cidade do Lérez, situáronse a 200 metros da entrada á prisión e despregaron unha bandeira de España co escudo riscado cunha cruz negra. ÿ o seu particular forma de "protestar por la política de claudicación de este régimen de Juan Carlos de Borbón" que supón a excarceración da etarra Inés del Río.
Este martes a Audiencia Nacional decidiu por unanimidade ordenar a inmediata excarceración da etarra despois de que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Estrasburgo decretase que aplicar a doutrina Parot para mantela en prisión implica violar os dereitos fundamentais.
En canto souberon a noticia, unha vintena de familiares e amigos de Inés del Río acudiron a Teixeiro (onde leva dende 2008) para recibila á súa saída. Ignacio Menéndez e o seu amigo tamén quixeron estar presentes e puxeron rumbo ao cárcere coruñés.
Alí agardaron durante dúas horas, ata que sobre as 16.30 horas deste martes a etarra abandonou o recinto penitenciario, abrazárona e tapárona da prensa cunha ikurriña. Malia a insistente chuvia, non se moveron nin un centímetro, agardaron suxeitando o seu bandeira e, ao paso do coche no que ía ela, berráronlle "asesina".
"Ni olvido ni perdono", berraron ao paso do coche e mentres os retrataban decenas de cámaras e fotógrafos. Durante a súa espera unírase a eles un terceiro 'manifestante' que chamou "hija de puta" á etarra.
Ignacio Menéndez: "Si los tribunales no sirven para nada, nosotros sembraremos justicia"
Á súa chegada a Teixeiro explicaron que ambos os dous son veciños do centro de Pontevedra, se ben Menéndez é natural de Madrid. ÿ militar retirado da Lexión e fillo de militar e acudiu ás portas da prisión "a título individual", sen as siglas de ningunha asociación, para manifestar o seu rexeitamento a que "el Estado claudicó" coa liberación de Del Río e coas seguintes que virán ao non se poder aplicar a doutrina Parot.
Na súa opinión, deixar en liberdade a "estos sinvergüenzas" que para el son os presos de ETA, fai que xa non se sentan representados por "el escudo que representa al actual estado de la monarquía parlamentaria". Non é vítima directa de ningunha acción terrorista, pero si "ha vivido muy de cerca" polo menos tres atentados e recorda que como militar e fillo de militar viviu "décadas de persecución".
Ás portas de Teixeiro, a modo simbólico, lanza unha advertencia: "a partir de ahora, es el pueblo, es la nación, fuera de todo componente político, el que va a empezar a luchar contra esta gentuza y a tomarnos la justicia por nuestra mano. Si los tribunales no sirven para nada, nosotros sembraremos justicia".
Relacionadas:
-
A Audiencia deixa en liberdade os condenados do crime de Nigrán en base á derrogación da doutrina Parot
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra, contra a derrogación da doutrina Parot
Por Natalia Puga |
-
Dous ex policías condenados por asasinato piden revisar a súa condena tras derrogarse a doutrina Parot
Por Natalia Puga |