Barro concede licenza para a construción do Parque de maquinaria da Deputación
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Barro vén de aprobar a licenza solicitada pola Deputación de Pontevedra para a construción do Parque central de maquinaria no polígono de Outeda, na parroquia de Curro.
A entidade provincial vai executar a construción do seu Parque de maquinaria en Barro, que se traslada desde a Xunqueira de Alba. Contará cunha superficie de 4.272,71 metros cadrados construídos sobre as parcelas B10 e B11, as cales suman un total de 8.762,70 metros cadrados.
O proxecto de construción destas novas instalacións conta cun orzamento de 1.460.000 euros.
A chegada do Parque central de maquinaria da Deputación ao polígono de Curro consolida o incremento da ocupación das parcelas e vénse sumar ás recentes licenzas concecidas pola entidade municipal a empresas punteiras como Froiz, Acuña, Artesa ou Transfrío.
Relacionadas:
-
O novo parque de maquinaria da Deputación ocupará case 9.000 metros cadrados
Por Redacción |
-
Barro saca a licitación a xestión do ciclo da auga do polígono de Outeda
Por Redacción |
-
A Deputación empezará en xaneiro a construción do novo Parque de Maquinaria no polígono de Outeda-Curro
Por Oskar Viéitez |
-
Nin o parque de maquinaria nin a imprenta seguirán nunha Xunqueira de Alba que avanzará na súa rexeneración
Por Alejandro Espiño |
-
O pleno provincial aborda a recuperación ambiental da Xunqueira de Alba e o acceso ao Hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación estuda que Tragsa traslade o Parque de Maquinaria e rexenere A Xunqueira de Alba
Por Redacción |