Aprendendo a comer de forma saudable... e en inglés
Por Redacción
Moi san e saudable. Así foi o almorzo do que gozaron os alumnos de educación infantil (5 anos) e educación especial do colexio Sagrado Corazón de Praceres con motivo do Día Mundial da Alimentación.
Os alumnos asistiron en directo a unha clase de alimentación saudable. Iso si, como os seus estudantes son plurilingües, a lingua vehicular desta actividade foi a lingua inglesa.
Previamente, a aula de inglés fora o escenario durante varias sesións da aprendizaxe de todo o vocabulario que máis tarde utilizarían para dita actividade.
Palabras como cereals, orange, apple, biscuits, milk, toast, olive oil... foron as únicas pronunciadas durante esta divertida clase, na que alumnos e profesores compartiron alimentos moi nutritivos e sans.
O obxectivo da actividade, concienciar, máis que nunca, da importancia duns bos hábitos para unha vida mellor, cumpriuse de sobra.