Labores de asfaltado nos camiños de Miñán e Silvestre, en Marín
Por Redacción
O Concello de Marín continúa cos traballos de asfaltado relacionados co proxecto de pavimentación dos camiños do rural. As obras céntranse esta vez nun vial situado no lugar de Miñán e nos camiños que unen as localidades de Troncosa e Silvestre.
En ambos os casos, os operarios proceden ao estendido dunha capa de aglomerado e á mellora dos servizos afectados. Os traballos seguirán polos camiños de Fixón.
Doutra banda, na zona de Miñán mellorouse tamén a iluminación pública con novas luminarias de tipo LED de baixo consumo, que teñen como obxectivo o aforro enerxético e mellorar a prestación deste servizo.