Os positivos de coronavirus soben ata os 42 casos
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notifica este mércores 20 de outubro 42 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son seis pacientes máis que onte martes.
Nas últimas 24 horas confirmáronse sete novos casos nas probas diagnósticas de infección activa practicadas.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés volve ter un paciente covid ingresado en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Así mesmo, mantense un paciente ingresado en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, 40 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 21.229 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curouse unha persoa.
Durante a pandemia rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 306.199, 203 nas últimas 24horas. A estas probas súmanse as 146.371 probas de antíxenos e outras 109.789 probas de detección realizadas ata a data.