A previsión do Concello é abrir o venres Xosé Malvar
Por Redacción
A Concellaría de Obras Urbanas, xestionada polo concelleiro Demetrio Gómez, informou este xoves da actuación de emerxencia que se está a efectuar na rúa Xosé Malvar, no tramo atravesado polo regato de Valdecorvos.
"A obra está a cumprir os prazos previstos" e xa se logrou realizar a substitución da tubaxe de aceiro que canaliza o regato por unha de igual capacidade de formigón armado.
Segundo o edil "a previsión é poder abrir a rúa ao tránsito ao remate da xornada do venres".
Demetrio Gómez lembra que aínda queda por realizar a reposición da beirarrúa xunto con algúns traballos por fóra da vía, e a repavimentación, que se fará en función do tempo e que obrigará, como é habitual, a cortes do tráfico puntuais.