Comezan as obras para recuperar a zona da Praza de San Amaro
Por Redacción
A EP-0508 Curro-San Amaro, situada no Concello de Barro e que pasa pola Praza de San Amaro, atópase en obras durante estes días para mellorar a seguridade na circulación e facilitar a mobilidade peonil, dentro das iniciativas que desenvolve a Deputación de Pontevedra, que financia totalmente estes traballos.
As actuacións adxudicáronse por unha cifra de 219.165 euros, que sufraga a institución provincial, que achega o 70% do orzamento a través do convenio asinado co Concello de Barro, que achega o 30% a través do Plan Concellos da propia Deputación.
O prazo de execución é de seis meses e o proxecto contempla a recuperación da zona da Praza de San Amaro, un espazo que conta con valor social e patrimonial ao formar parte do Camiño Portugués a Santiago.
Está prevista a creación dunha área de convivencia elevada a 10 centímetros da rasante da estrada actual. Sobre esta plataforma terán prioridade os peóns. Utilizaranse pavimentos de pedra e mobiliario urbano moderno para o deseño da nova praza, na que se atopa situada a Capela de San Amaro.
A estrada provincial, ademais, contará cunha nova rede de pluviais e fecais, ademais de iluminación pública con luminarias LED, máis respectuosas co medio ambiente e que permiten aforro enerxético. Tamén se enterrarán as liñas de electricidade e instalaranse novas sinalizacións horizontais e verticais, ademais de novas árbores que se plantarán na zona.
Relacionadas:
-
A reforma converte á Praza de San Amaro nun espazo "para quedar"
Por Redacción |
-
O Concello de Barro quere seguir modernizando a rede de iluminación pública con 500 novas luces LED
Por Redacción |
-
O PP de Barro critica o "problema de seguridade dos escolares" con motivo das obras na Praza de San Amaro
Por Redacción |
-
Barro obtén unha achega de 265.000 euros para acometer melloras na seguridade peonil
Por Oskar Viéitez |
-
Rematada a obra na estrada provincial EP-0509 ao seu paso por Barro
Por Redacción |