A Deputación e a Agència de Residuos de Catalunya intercambian experiencias sobre a compostaxe
Por Oskar Viéitez
Unha delegación da Agència de Residus de Catalunya iniciou este xoves a súa visita á provincia de Pontevedra para coñecer de primeira man o modelo de compostaxe local de ‘quilómetro cero’ do Plan Revitaliza. Trátase dun encontro que durará dous días no que se pretende intercambiar coñecemento e, ademais de amosar o modelo pontevedrés, aprender das iniciativas que se están a aplicar en Cataluña, un dos territorios do Estado máis solventes en materia de residuos.
Na mañá de hoxe tivo lugar unha recepción institucional no Pazo Provincial. O máximo responsable político da axencia, Isaac Peraire, explicou que a visita para coñecer o Plan Revitaliza organizouse porque "nos gusta mirar a los que lo hacen mejor que nosotros".
"Vamos a aprovechar para conocer más y mejor los aspectos técnicos y legales del compostaje en kilómetro cero, que es una filosofía y una forma de trabajar que queremos aplicar también en Cataluña, en diferentes sitios y territorios de nuestro país". Insistiu en que "es el momento de las grandes ciudades, por eso queremos fijarnos como hace Pontevedra, pero también ver cómo se hace en otros municipios pequeños. Estoy muy esperanzado y seguro de que vamos a aprovechar el viaje mucho", subliñou.
Sobre a posible achega catalana ao Plan Revitaliza, Peraire explicou que Cataluña está a aplicar o modelo de recollida 'porta a porta' como fórmula para realizar unha "selectiva de alta eficiencia".
"El 'puerta a puerta' para nosotros tiene unos resultados buenísimos, pero es muy importante que los municipios grandes den el salto. En Cataluña ya comenzamos a tener municipios grandes, de hecho incluso la propia capital está teniendo proyectos que se están apoyando desde la Agència, estamos a su lado. Hay que hablar de las ventajas, de los problemas. Es un sistema que se tiene que adaptar (…) lo que lo hace súper interesante, porque el modelo se puede singularizar para cada localidad", dixo.
O vicepresidente Mosquera, pola súa banda, subliñou que ademais de explicar o modelo pontevedrés, "unha experiencia que está a funcionar bastante mellor que outras que teñen amosado limitacións", a Deputación pretende sacar partido da visita.
Explicou que a intención é que o persoal do Revitaliza -e incluso se é posible unha delegación dos concellos da provincia- visiten tamén Cataluña para coñecer a dinámica de traballo da Agència, "que está a traballar dende hai moitos anos e ten aspectos bastantes bos e é do máis avanzado do Estado".
Mentres non se produce esa visita, explicou Mosquera, nas sesións de traballo de hoxe e mañá "imos intercambiar e sacar todo o que poidamos" porque "neste mundo dos residuos, no que está todo por facer, hai que mirar para non gastar recursos e esforzos en vías que non sexan as óptimas. Ver en todos lados para atopar as solucións".
Relacionadas:
-
O Plan Revitaliza dará un "salto adiante" cunha nova fase centrada na parte normativa deste modelo de xestión de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O norte de Portugal estuda o modelo de xestión de residuos do Plan Revitaliza
Por Redacción |
-
As actividades do Revitaliza durante o verán achegaron a compostaxe a preto de 1.400 nenos
Por Redacción |