Galicia recupera os aforos ao 100% e amplía os horarios da hostalería
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Galicia puxo fin este xoves á situación de emerxencia sanitaria decretada en marzo de 2020 pola covid-19 e recupera os aforos ao 100 % en todas as actividades que aínda non o facían, principalmente hostalería e lecer nocturno, nas que se vai a ampliar entre media e unha hora o horario de peche.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda anunciou estas medidas nunha comparecencia ante os medios de comunicación ao finalizar o Consello de la Xunta, que analizou a reunión do comité clínico celebrada onte mércores.
Rueda xustificou a medida na situación epidemiolóxica que vive a comunidade en relación á pandemia, aínda que advertiu que non se pode baixar a garda e que hai que seguir actuando con "sentidiño".
De modo que, a partir do sábado, as cafeterías e restaurantes poderán abrir ata as 1:30 horas as noites dos venres e os sábados; mentres que os pubs poderán pechar ás 4:30 horas tamén as fins de semana e as discotecas e salas de festa amplían o seu horario ata as 5 horas todos os días da semana.
Alfonso Rueda sinalou que se mantén a obrigación de presentar certificado de vacinación.
Ademais, os residentes de centros socio-sanitarios poderán saír e recibir visitas e manteranse os cribados periódicos.
Relacionadas:
-
Principio do fin do pago en efectivo no lecer nocturno pontevedrés
Por Manu Otero |
-
A subida do prezo da luz e outras mercadorías obriga á hostalería da cidade a revisar os seus prezos
Por Manu Otero |
-
Entran en vigor as medidas de capacidade e horarios decretadas pola Xunta cara á "nova normalidade"
Por Redacción |
-
Pontevedra sae da emerxencia sanitaria con 47 casos activos e un único hospitalizado
Por Alejandro Espiño |
-
A xustiza avala que en Galicia a máscara sexa obrigatoria dentro dos colexios
Por Redacción |
-
Galicia rexistra un total de 421 casos activos por coronavirus
Por Oskar Viéitez |