Deteñen un veciño da Illa de Arousa sorprendido in fraganti vendendo droga
Por Redacción
A Policía Local da Illa de Arousa detivo este xoves 21 de outubro un veciño da localidade que fora sorprendido in fraganti durante unha venda de droga.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, axentes da quenda de tarde observaron como o detido vendía droga a outro veciño da localidade.
O mozo foi detido como sospeitosos dun delito contra a saúde pública por tráfico de marihuana e cocaína. Logo da detención, foi posto a disposición da Garda Civil, que agora seguirá investigando os feitos.
Segundo fontes da Policía Local, agora os axentes da Garda Civil continuarán coas investigacións e xestións para determinar a actividade deste mozo.