Celadores do distrito sanitario de Pontevedra denuncian que a xerencia abusa dos contratos temporais dun día
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
O auditorio do Hospital Montecelo acollía este xoves unha asemblea de celadores da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ante a súa preocupación por varios temas que afectan directamente á súa situación profesional.
Gustavo Olmedo, portavoz del colectivo, afirma que un importante número de profesionais, tanto con contrato fixo como temporal, reclama os días libres que se lles prometeron desde a xerencia da área sanitaria durante os primeiros meses da pandemia. Afirman que eles tiñan contacto directo con pacientes covid e, nalgúns casos, contaxiáronse durante o traslado de pacientes coa enfermidade pandémica. O conselleiro de Sanidade Julio Garíca Comesaña anunciara en 2020 ata tres días de descanso para compensar o persoal dos centros hospitalarios con máis carga de traballo debido ao incremento de casos covid.
Sinalan que desde a dirección da área concedeuse días libres de maneira selectiva e sen responder a criterio algún. Por este motivo, o venres 29 de outubro manterán unha reunión con responsables de Recursos Humanos para trasladar o seu malestar por este tema.
O encontro servirá tamén para demandar contratos de maior duración. Sinalan que os celadores en réxime temporal son contratados por un día para un servizo e, ao día seguinte, teñen que asinar un novo contrato para outro servizo. Demandan contratos dignos e cunha duración maior para evitar estas situacións de incerteza.
A esta situación súmase agora que nos centros de Atención Primaria, os celadores son substituídos en caso de baixa ou de vacacións por persoal de servizo do Sergas (PSX), unha figura que só existe no sistema sanitario galego e que cumpre funcións semi administrativas, segundo sinala Gustavo Olmedo. Esta situación produciuse, entre outros centros, en Baltar (Sanxenxo) e no centro de saúde da Parda (Pontevedra). O temor do colectivo é que esta fórmula termine estendéndose a todos os centros e poña en perigo a figura profesional do celador. Afirman que hai xa unha sentenza dun celador de Ourense, aínda pendente de firmeza xurídica, que obriga ao Sergas para realizar substitucións cunha persoa da mesma categoría profesional e non con PSX.
Piden tamén ás forzas políticas de Galicia con representación parlamentaria que presenten un anteproxecto non de lei para que os celadores sexan recoñecidos como profesionais sanitarios, como xa se presentou no Parlamento balear, de forma que conten cunha formación e titulación específica. Olmedo lembra que a súa categoría regúlase aínda por unha orde ministerial do ano 1971, normativa preconstitucional á que demandan unha revisión.
Actualmente, no distrito sanitario de Pontevedra figuran 937 persoas que exercen de celadores que, ademais, reclaman mellor material ao atoparse con padiolas e, sobre todo, cadeiras de rodas no servizo de Urxencias en "situación precaria". Na reunión con Recursos Humanos pedirán tamén datos sobre cal será a súa situación laboral no futuro Gran Montecelo coa creación de novas áreas e servizos.
Relacionadas:
-
Celadores e xerencia analizan os cambios de padiolas e cadeiras de rodas na área sanitaria
Por Redacción |
-
Nova concentración dos celadores para reclamar que os recoñezan como sanitarios
Por Redacción |
-
Convocado un encerro dos celadores para o luns 23 de xaneiro en Montecelo
Por María José Pita |
-
Cada día nun servizo e con material obsoleto, a triste realidade dos celadores de Pontevedra
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Apoio do goberno local á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para reclamar recursos en Atención Primaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Concentración de profesionais dos PAC no Provincial e nos centros de saúde pedindo condicións laborais dignas
Por Anxo Lourido |
-
Sindicatos Médicos asegura que a Xerencia da área sanitaria "só pretende desgastar a sanidade pública en aras a outros intereses"
Por Oskar Viéitez |
-
Protesta do persoal dos nove PAC da área sanitaria polas quendas impostas: "no hay cuerpo que lo aguante"
Por Anxo Lourido |
-
Cadea humana polas rúas de Seixo para defender o Centro de Saúde "dos recortes da Xunta"
Por Redacción |
-
Reclamación unánime do pleno da Lama para mellorar a Atención Primaria no centro de saúde
Por Redacción |