Concentración feminista en apoio ás vítimas do exhibicionista de Lourido: "Unha agresión non pode ser sanción"
Por Redacción
O colectivo Feminista de Pontevedra convoca para este sábado 23 de outubro unha concentración en apoio ás vítimas do exhibicionista de Lourido, un home que se masturbó a poucos metros delas e sacoulles fotografías en topless.
O agresor foi denunciado á Policía Local de Poio, que o localizou para despois darlle o alto na rúa Peirao Besada. Cando o pararon, os axentes comprobaron o seu teléfono, onde atoparon que tomara nove imaxes de mulleres en topless. Ademais, no interior do vehículo localizaron unha defensa extensible, arma utilizada polas forzas de seguridade debidamente autorizada para a súa porte, pero que para el está prohibida.
"Unha agresión non pode ser sanción" é o lema da concentración, xa que este tipo de "actos de exhibición obscena" con reincidencia e "portar unha arma prohibida en vía pública sen a debida autorización" están castigados con multas de 601 a 30.000 euros.
Ademais, reclaman a falta de protección das mulleres, "se quen nos ten que protexer nos agrede, de quen nos podemos fiar?".
Durante o acto, as feministas lerán un manifesto onde algunhas das vítimas do exhibicionista de Lourido achegarán o seu sentir e como lles está afectando toda esta situación. "Esto le puede pasar la cualquier mujer y no hay ley actualmente que recoja que esto es una forma de agresión machista", reclaman.
A convocatoria está prevista para as 19:00 horas na Praza da Peregrina.
Relacionadas:
-
As autoridades constatan unha "tendencia estable" nos casos e dilixencias da violencia machista
Por Redacción |
-
Unha vítima do exhibicionista de Lourido: "Non comprendo como vou poder sentirme segura de agora en diante"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Recollen outra denuncia dunha nova vítima das accións do exhibicionista de Lourido
Por Redacción |
-
Denuncian un pontevedrés por masturbarse e sacar fotos a mulleres en topless na praia de Lourido
Por Natalia Puga |