Críticas do PP á negativa de ampliar os GES da provincia
Por Redacción
O Partido Popular criticou o rexeitamento da Deputación de Pontevedra á proposta que expuxo a Xunta respecto á mellora dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Esta proposta pasaba por ampliar o número de compoñentes a doce e actualizar os seus soldos.
Jorge Cubela, portavoz popular, asegura respecto diso que "é momento de que a Deputación asuma as súas competencias en materia de emerxencias e de apoio aos pequenos e medianos concellos", defendendo que se trata de "un servizo de competencia exclusivamente local, é dicir, que ten que ser financiado por concellos e deputacións".
En relación ao 'sub-GES' do Grove, o representante do PP provincial sostén que "é o único concello da provincia que, a pesar de que está cuberto por outros dous servizos de emerxencias nas isocronas de 10 e 20 minutos respectivamente, ten un grupo de emerxencias, que se xustifica polo feito de que xa contaba cun servizo municipal e que é importante para dar resposta ao incremento significativo de poboación durante os meses de verán".
Relacionadas:
-
O PP presenta alegacións ao orzamento da Deputación para aumentar a financiación do convenio dos GES coa Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Renovado o convenio para as emerxencias da provincia sen aplicar as melloras propostas pola Xunta
Por Redacción |
-
O GES do Grove, motivo de discordia entre a Deputación e a Xunta
Por Redacción |
-
O PP reclama á Deputación que incremente os cartos destinados aos GES
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación valora como "absolutamente insuficiente" a proposta da Xunta para crear unha subsede dos GES en O Grove
Por Oskar Viéitez |
-
O GES do Grove contará con seis traballadores
Por Redacción |