Campo Lameiro organiza unha gala solidaria para recadar fondos para La Palma
Por Redacción
Están sendo moitas as accións promovidas desde diversas partes de España para axudar a todas as persoas que sufriron algún tipo de consecuencia pola erupción do volcán Cumbre Vieja. É por iso que dende Campo Lameiro queren sumarse a este tipo de iniciativas celebrando o vindeiro 31 de outubro unha gala solidaria para recadar fondos para os damnificados de La Palma.
En concreto, serán entregados ao Concello de Los Llanos de Aridane, un dos municipios máis afectados pola traxedia. Deste xeito, o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, púxose en contacto coa alcaldesa da isla, María Noelia García Leal, para amosarlle a solidariedade e as intencións do vecindario para axudar e así coordinar con ela o envío dos donativos recadados.
A gala consistirá nas actuacións de 10 agrupacións musicais, 3 artistas, 2 humoristas, 2 charangas, unha coral e unha banda de música, que estarán durante todo o día nas inmediacións do Consistorio e que terá como punto de partida unha misa oficiada polo párroco local, Fermín Santiago Iglesias, ás 12:30 horas. O prezo da entrada será de 10 euros para os maiores de 14 anos.
Ademais, o Concello instalará no recinto unha pulpeira para aquelas persoas que queiran xantar no entorno e seguir o festival durante todo o día e así poidan seguir a evolución do festival benéfico e comer a precios populares.
Un festival que causou moito furor entre artistas e grupos, que se ofreceron para participar no evento obligando ao Concello a pechar o cupo de actuacións, acto que agradece Carlos Costa en nome da Corporación.
En canto aos artistas e grupos participantes na gala, son de diversos estilos e gustos, co fin de atraer o maior número posible de persoas. Deste xeito, actuarán Astarot, A Roda, A Oca Band, Galifunk Brass, A Banda de Balbina, La Banda de Leste, La Mafia, Bétula Péndula, Charanga OT+Solfamidas, Os Encerellados, Manoele de Felisa, Pili Pampín, Lito da Panorama, Mikela Abbatini e os humoristas Isi e Pepo Suevos, ademais da Coral Polifónica de Campo Lameiro e a Banda Unión Cultural de Campo Lameiro. A presentación correrá a cargo dos xornalistas da televisión Carmen Chao e Quique Morales.
O alcalde, Carlos Costa, manifestou que "puxemos en marcha esta iniciativa para dar cabida ás mostras continuas de solidariedade co que estaba a pasar en La Palma. Campo Lameiro é un concello moi solidario que tamén recibiu a solidariedade dos seus veciños nos momentos complicados. Somos un concello solidario e ímolo demostrar cunha presenza masiva de veciños e xente dos arredores nesta Gala Benéfica. Agora toca o momento de deixarse de lamentar cando vemos as terribles imaxes nas televisión e dar un paso adiante e demostrar que Campo Lameiro tamén está cando se lle necesita".
Relacionadas:
-
A Coral Polifónica de Campo Lameiro leva o seu espectáculo "Cousas de Antes" ao Teatro Principal
Por Redacción |
-
A gala deste domingo mobilizará a solidariedade galega con La Palma
Por Redacción |
-
A chocolatada solidaria recada 2.266 euros para La Palma
Por Oskar Viéitez |
-
Capri recada 6.393,70 euros con destino solidario cara A Palma
Por Redacción |
-
Cariño e apoio por parte da Xunta para os peregrinos da Palma no seu paso por Pontevedra
Por Redacción |
-
Un euro por habitante para axudar os municipios afectados pola erupción volcánica da Palma
Por Redacción |
-
Impulsan desde Pontevedra unha campaña para enviar produtos de primeira necesidad á La Palma
Por Redacción |