O Concello de Poio investirá 300.000 euros na mellora do Monte Baldío
Por Redacción
O Concello de Poio está desenvolvendo os primeiros labores para facer realidade un proxecto de mellora integral na contorna do Monte Baldío, na parroquia de Raxó. Trátase dunha actuación a efectuar a medio prazo, que contempla, entre outras medidas, a cubrición das pistas de tenis e a mellora dos accesos tanto a esta infraestrutura como ao CEIP Espedregada, situado nas proximidades.
Así o lembrou hoxe a concelleira de Seguridade Cidadá e Deportes, Marga Caldas (BNG), que explicou que nos últimos días estase a proceder á realización dunhas tarefas medio ambientais de limpeza e tala de árbores.
“Reverterase o gasto no arranxo da zona, ao igual que xa se ten feito noutras zonas do Concello desde o departamento de Medio Ambiente", indicou Marga Caldas. A edil do Goberno local sinala, ademais, que, en vista da polémica provocada por esta actuación necesaria e de obrigado cumprimento, convocará unha reunión con todo o tecido asociativo da parroquia de Raxó.
“Invitaremos aos representantes dos colectivos locais, sociais, deportivos e educativos a que participen neste encontro, a través do cal queremos dar resposta a calquera dúbida e para escoitar as súas propostas e achegas, porque queremos que as accións que vaia a realizar o Concello sexan para dar resposta a unha demanda de moitos anos. Temos claro que este proxecto de mellora en Monte Baldío debe contar co apoio dos colectivos”, expresou a concelleira nacionalista, que lembra que “o que buscamos tamén é que as instalacións deportivas sexan de uso e goce por parte da comunidade escolar, que carece de instalacións cubertas, e da veciñanza en xeral, tal e como temos marcado como prioridade na nosa folla de ruta”.
Con respecto aos traballos de limpeza, que rematarán nos vindeiros días, son a antesala da mellora dos acesos ás pistas de tenis e ao centro educativo do CEIP Espedregada. Os labores estanse desenvolvendo nun terreo que no Catastro figura como de titularidade municipal e que aparece definido no PXOM como zona de equipamentos.
Relacionadas:
-
A remodelación das pistas de Monte Baldío, pendente das autorizacións sectoriais
-
A mellora das pistas deportivas de Monte Baldío, un paso máis preto
Por Redacción |
-
Aprobadas modificacións no orzamento para mellorar o campo de fútbol da Reiboa e a sede de Protección Civil
Por Redacción |
-
Marga Caldas: "Chegou o momento de que o motor deportivo de Poio volva funcionar a pleno rendemento"
Por Redacción |
-
Poio prepara unha batería de actuacións nas que investirá 5,5 millóns
Por Redacción |
-
Poio presenta o novo Club de Tenis de Raxó
Por Redacción |