O mercadillo de flores de Todos os Santos contará con 29 postos o sábado e 10 o domingo

Por Redacción
O tradicional mercadillo de flores que se celebrará na Praza da Ferrería esta fin de semana coincidindo coa conmemoración de Todos os Santos contará con 29 postos instalados o sábado e con só 10 o domingo.
Deste xeito non chegarán a cubrirse en ningunha das dúas xornadas os 36 postos ofertados polo Concello de Pontevedra.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, informou que o procedemento de marcaxe das ubicacións dos postos realizarase o venres ás 21:00 horas e explicou que "esta diferencia no número de postos que se colocan o sábado e o domingo ten que ver coa preferencia dos cidadáns por adiantarse na adquisición das flores e sempre depende moito coas datas nas que coincida Todos os Santos".
Blanco lembra que as medidas establecidas para a celebración do mercadillo seguen o 'Protocolo e guía de boas prácticas dirixida á actividade de mercados de venda non sedentaria' do Ministerio de Sanidade e da Secretaría de Estado de Comercio, que establece, entre outras cuestións, un distanciamento de 1,50 metros entre postos, establecerase unha zona de acceso con dispensadores de xel hidroalcólico, un percorrido sinalado e un espazo de saída.
Debido á distancia necesaria entre postos, este ano reduciuse a 36 o número de postos dispoñibles (o habitual outros anos eran 42 e en 2020 foron 33): dous de 2 metros cadrados, 18 de 4 metros cadrados, seis de 6 metros cadrados, cinco de 8 metros cadrados e cinco de 10 metros cadrados. Cada interesado puido solicitar un único posto.
Os postos adxudicáronse por orde de solicitude e todos los interesados deberon presentar a correspondente liquidación da taxa polo número de metros a ocupar.