Arranxan os viais do polígono empresarial da Reigosa
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas está a arranxar os viais do polígono empresarial da Reigosa.
Nestes momentos procédese a retirada da mediana existente entre as instalacións de Cristalería Pontevedresa e Aludec para rematar co problema de acceso de camións a ámbalas dúas naves empresariais.
Xa se realizou o pintado de toda a sinalización horizontal, incluídos pasos de peóns, e substituirase a sinalización vertical deteriorada.
"Seguimos traballando para que o noso polígono empresarial sexa atractivo e que se sigan implantando novas empresas", indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que recorda que nas últimas semanas tamén se acondicionaron todas as rotondas.
Este proxecto levarase a cabo a través dunha subvención da Xunta de Galicia. O investimento é de 45.957 euros e a administración autonómica aportará o 80% do custo dos traballos.
Relacionadas:
-
A Xunta ofrece 112.000 metros cadrados de solo industrial na Reigosa a prezo bonificado
Por Redacción |
-
Empezan as obras de mellora dos viais do polígono empresarial da Reigosa
Por Redacción |
-
Letras en cor azul para dar a benvida ao municipio na rotonda da Reigosa
Por Redacción |
-
Lavado de cara para as rotondas do polígono industrial da Reigosa
Por Redacción |