A piscina municipal de Marín remata as obras e reabrirá este xoves
Por Redacción
A Piscina Municipal de Marín reabrirá o vaso de auga este xoves, despois de rematar a obra que se levou a cabo para mellorar todo o beirado e o desaugadoiro, composto por unhas pezas de madeira que se atopaban en moi mal estado.
Así o indicaron este mércores desde o complexo deportivo, que incide en que a partir do día 2 de novembro retomaranse os cursos. De cara aos próximos meses, ampliarase a oferta de actividades ofrecida e tamén haberá ampliación de horarios de apertura.
Tamén está enriba da mesa a posibilidade de ofrecer aos centros educativos actividades extraescolares ou deseñar para os centros de día de maiores opcións de adestramento centradas nas necesidades deste grupo de poboación.
Por outra banda, o Concello actualizou tamén o seu protocolo de uso de instalacións deportivas, seguindo as medidas de restrición que manteñen vixentes as entidades federativas.
Os aforos xa están marcados na súa totalidade ao 100% e será de novo libre o acceso aos adestramentos, aínda que en todo caso dentro do recinto está prohibida a consumición. Por outra parte, recupérase o uso dos vestiarios e das duchas.
Relacionadas:
-
Os socialistas de Marín atribúen o peche temporal da piscina municipal ao "deixamento" do goberno local
Por Redacción |
-
Proxectan obras de mellora na piscina municipal durante as primeiras tres semanas de outubro
Por Redacción |
-
As entidades deportivas de Marín repartiranse unha subvención municipal de 90.000 euros
Por Redacción |