Os coles de Marín prepáranse para vivir un Samaín terrorífico
Por Redacción
Os centros educativos de Marín están envorcados coa celebración da festa do Samaín, decorando as súas instalacións e tratando de deseñar actividades educativas que non só impliquen ao alumnado, senón tamén ás familias.
Estes días destacan as espectaculares decoracións que levaron a cabo, tanto no exterior como no interior dos centros, que permiten que os máis cativos se introduzan de cheo no ambiente do Samaín.
E non poden faltar os concursos de decoración de cabazas. Tamén en moitos casos aproveitarase a ocasión para facer talleres de comida con alimentos típicos desta época ou magostos.
Haberá tamén disfraces para que alumnado, familias e profesorado metan medo, con especial fincapé na narración de contos, elaborados en moitos casos polos nenos, e na transmisión oral de lendas e narracións curtas.
Desde o Concello, queren poñer en valor todo o traballo que os centros están a facer e agradecer tamén a colaboración das Asociacións de Nais e Pais do Alumnado (ANPAS).
No que respecta ao Concello, acordouse coa Fundación Xoán XXIII e coa Comparsa Os da Caña que se decorarán distintos puntos da vila, como a casa principal de Briz ou o Palco da Alameda.
Ademais, o Concello anima á veciñanza a que se faga fotografías nestes decorados e que suban as súas imaxes ás redes, etiquetando ao perfil do @concellodemarin e utilizando a etiqueta #SamainMarin.
Relacionadas:
-
O Samaín Briz quere seguir medrando e abre a organización a particulares e asociacións
Por Redacción |
-
Moraña celebra o seu particular Samaín con experiencias de terror
Por Redacción |
-
Pontevedra celebra o 'Samaín no Río' con catro noites de música con DJ
Por Redacción |
-
O Samaín vivirase por todo o alto no mercado de abastos e A Ferrería
Por Redacción |
-
Recupérase a cita tradicional co Samaín en Campelo
Por Redacción |
-
Chega o Samaín Fest, festa herdeira de San Patricio para recadar fondos para o Mareantes Rugby Club
Por Redacción |