Devolución das plusvalías, demanda do PP ao goberno local tras a sentenza do Tribunal Constitucional que as anula
Por Redacción
O Partido Popular de Poio esixe ao goberno tripartito, que lidera o alcalde Luciano Sobral, a supresión e devolución das Plusvalías municipais despois da sentenza do Tribunal Constitucional que anula este imposto.
Demandan a derrogación da ordenanza municipal sobre as Plusvalías e a devolución de todas as cobradas desde a primeira sentenza do Tribunal Constitucional no ano 2017.
Afirman que o goberno local sempre votou en contra das mocións do PP durante os últimos anos para suprimir este imposto ante as dúbidas que suscitaba. A agrupación que ten a Ángel Moldes como portavoz considera que se trata dun imposto inxusto.
Desde este partido sinalan a situación preocupante de veciños que pagan ata 40.000 euros por liquidacións de plusvalías e denuncian que a súa aplicación rompeu as economías de moitas familias do municipio.