O Samaín Fest, animación para a ponte de Defuntos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Dende este xoves e ata o luns 1 de novembro está aberta na Praza de España a carpa do Samaín Fest, unha festa herdeira do tradicional San Patricio organizado polo Mareantes Rugby Club.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o presidente do Mareantes Rugby Club, Roberto Juncal, participaron este xoves no acto inaugural do Samaín Fest co tradicional brinde con cervexa e unha cata da oferta gastronómica do evento.
Ao acto tamén asistiron os concelleiros Guillermo Juncal (xogador e técnico do equipo), Gerardo Pérez Puga e Martín Martínez.
O festival está organizado coa colaboración da Concellería de Promoción Económica e Turismo e animará a ponte de Defuntos.
Un dos seus principais atractivos serán os concertos diarios protagonizados por grupos locais coas actuacións de Le Tissier (mércores 27), Desconcierto (xoves 28), Gran Garaje (venres 29 ás 20:00 horas), Sr Nilson (venres 29 ás 22:00 horas), Jugones (sábado 30 ás 20:00 horas), Algo Pasa con Mary (sábado 30 ás 22:00 horas), Tonikash (domingo 31 ás 20:00 horas) e Son das Tabernas (domingo 31 ás 22:00 horas).
Este evento permite recadar fondos imprescindibles para un club tan senlleiro.
Relacionadas:
-
Dous anos despois, Pontevedra volverá tinguirse de verde polo San Patricio
Por Manu Otero |
-
Moraña celebra o seu particular Samaín con experiencias de terror
Por Redacción |
-
Operativo especial de tráfico en Poio pola festividade de Defuntos
Por Redacción |
-
Limpan os accesos aos cemiterios municipais de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Os esqueletos toman os xardíns das Prazas de España e Ourense
Por Redacción |
-
Chega o Samaín Fest, festa herdeira de San Patricio para recadar fondos para o Mareantes Rugby Club
Por Redacción |