Poio reforzará as actividades educativas na programación do 25N
Por Redacción
O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, terá este ano en Poio un marcado enfoque educativo, segundo acordou o Consello Municipal da Muller.
Logo da edición de 2020, na que foi preciso adaptar as citas ás restricións aplicadas pola situación sanitaria provocada pola pandemia da covid-19, este ano o programa recupera algunha das súas citas máis emblemáticas.
Así, o programa recupera algunha das súas citas máis emblemáticas como a andaina Paso a Paso Libres de Violencia de Xénero, que acadará a súa terceira edición e que, lembrou a edil de Igualdade, Silvia Díaz, en convocatorias anteriores resultou todo un éxito de participación.
Esta cita terá lugar o domingo 28 de novembro, ás 10.30 horas, con saída desde o Bosque das Mulleres de Lourido, e final na Praza da Chousa de Combarro, onde se lerá o manifesto.
Á marxe da recuperación deste evento, a programación do 25N presentará novidades. Un dos grandes atractivos será a campaña Man a Man contra as violencias machistas, que incluirá diferentes actividades onde o protagonismo será para os colectivos de mulleres do municipio.
Ademais, manterase o tradicional paro institucional o propio día 25, ás portas da casa consistorial.
"Todo o programa está baseado nos obxectivos primordiais de sensibilización, prevención e eliminación da violencia de xénero", subliñou Silvia Díaz, que tamén adiantou que un dos piares fundamentais da programación serán as accións coordinadas co eido educativo.
Nesta sesión do Consello Municipal da Muller tamén se deu traslado da valoración dos resultados do III Plan de Igualdade, ademais de achegar aos grupos e asociacións que forman parte deste órgano un borrador do novo plan, no que xa está a traballar o Concello.
"Temos claro que ten que ser un documento efectivo e realizable, polo que debe ter en conta as propostas e achegas que nos acheguen as integrantes do consello", apuntou a concelleira.
Relacionadas:
-
Tres profesionais das industrias creativas pechan os faladoiros 'A forza das mulleres'
Por Oskar Viéitez |
-
Moción conxunta contra a violencia machista con demanda de investimentos para atender as vítimas
Por Redacción |
-
25N | Poio reclama "seguir avanzando" para erradicar as violencias machistas
Por Redacción |
-
Socorren unha vítima de violencia machista que se escondeu na casa e chamou á policía porque temía pola súa vida
Por Natalia Puga |
-
As autoridades constatan unha "tendencia estable" nos casos e dilixencias da violencia machista
Por Redacción |
-
Todos os municipios de menos de 20.000 habitantes piden axudas para fomentar a igualdade
Por Redacción |
-
O pleno aproba unha moción a favor da igualdade e da visibilización do colectivo LGTBI
Por Redacción |