O barrio de Campolongo sofre outro corte de luz
Por Oskar Viéitez
O barrio de Campolongo sufriu este xoves un novo corte de luz.
Segundo informou Unión Fenosa Distribución, esta vez o apagón detectouse ás 18.30 horas afectando a 506 clientes. Os servizos técnicos tardaron preto de dúas horas en resolver o problema.
O martes houbo outro corte na subministración eléctrica que se iniciou ás tres e cuarto da tarde e prolongouse durante unhas dúas horas. A causa entón foi o accidente protagonizado polo paso dun camión.
Segundo detallou a Policía Local, o camión afundiu unha arqueta en Augusto García Sánchez, á altura do Puente da rúa Peregrina, o que provocou un fallo eléctrico no transformador que se atopa soterrado nesta zona.