Barro propón conectar o polígono de Sequeiros coa rede de saneamento de Pontevedra
Por Redacción
O goberno municipal de Barro quere buscar unha solución aos problemas de saneamento que rexistran as empresas asentadas na zona de Sequeiros.
Para abordar a deficiente depuración que teñen, o alcalde , Xosé Manuel Fernández Abraldes, reuniuse coas empresas deste polígono privado e con representantes de edificacións na zona.
O polígono dispón dun sistema propio de depuración de augas residuais que, no futuro, pode resultar insuficiente diante dalgunha actividade nova que se puidese instalar nel.
Os propietarios de outras edificacións e empresas das inmediacións do polígono tamén están tendo problemas cos seus sistemas de depuración propios, polo que necesitan unha solución definitiva para o tratamento das súas augas residuais.
No encontro, Abraldes explicoulles que Barro ten previsto construír unha nova EDAR central que dea servizo ás parroquias que actualmente carecen de rede de saneamento, pero esta estación de tratamento non suporá unha solución "nin a curto nin a longo prazo" para este polígono.
Para o goberno municipal, a solución máis viable é derivar as augas residuais cara a depuradora de Pontevedra, polo que dirixiranse ao Concello de Pontevedra para estudar o uso da súa rede de saneamento e a Augas de Galicia para utilizar a EDAR que ten en Praceres.
Se a resposta fora positiva, o Concello de Barro asumirá a redacción dun proxecto, que as empresas mostraron a súa disposición de financiar e de buscar axudas económicas doutras administracións, para acadar así unha solución definitiva aos seus problemas de saneamento.
Relacionadas:
-
Presentado o proxecto da nova depuradora de Barro, que custará máis de 2,6 millóns de euros
Por Redacción |
-
Transfrío recibe a licenza municipal para asentar o seu centro loxístico en Barro
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación en Barro por un incendio no polígono de Sequeiros
Por Redacción |
-
O consumo enerxético do alumeado do polígono de Sequeiros será un 75% máis barato
Por Redacción |