Os socialistas alertan de que Elnosa podería acollerse á nova Lei de Costas para ampliar a concesión 75 anos mais
Por Redacción
A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle este xoves ao goberno galego que non lle conceda ningunha moratoria á planta de Elnosa na ría de Pontevedra para que teña que abandonar Lourizán antes do próximo mes de xaneiro. Vilán advertiu que a planta podería acollerse á nova Lei de Costas para ampliar a concesión 75 anos mais.
A deputada socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente na que lembrou que a empresa utiliza mercurio, altamente contaminante, no seu sistema de produción de cloro, en lugar do moderno sistema de membrana. Ademais, advirte do risco do uso desta tecnoloxía na zona que ocupa a empresa, 12.587 metros cadrados nunha zona de marisma e a carón dun importante banco marisqueiro.
Vilán advirte que "non alcanzamos a entender" que o goberno galego teña afirmado que está "en estudo" autorizar unha moratoria á Autorización Ambiental Integrada "para que poida desmantelar a súa planta e poñer en marcha unha nova" e sinalou o risco de que a empresa utilice esta nova moratoria para acollerse á nova Lei de Costas, tal e como quere facer Ence, para ampliar a súa estadía na ría de Pontevedra durante outros 75 anos.
Pola súa banda o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito Basanta, lombrou que a dirección de Elnosa recorreu a Autorización Ambiental Integrada, e sinalou que "os servizos técnicos están a analizar as repercusións da transposición á lexislación española da Directiva europea sobre emisións industriais".
Relacionadas:
-
Mosquera: "Este conselleiro foi quen dixo que Elnosa cesaba a actividade en 2014 e agora anuncia que marcha hipoteticamente en 2017"
Por Anxo Lourido |
-
O PP "confiará nos criterios técnicos" para valorar, "si é o caso", o mantemento de ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR denunciará á Xunta no caso de que prorrogue a autorización ambiental de Elnosa
Por Redacción |
-
Os traballadores de Elnosa, seguros da súa continuidade na ría, esixen á Xunta e á empresa que conserven o persoal actual
Por Anxo Lourido |