Limpan os accesos aos cemiterios municipais de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de realizar diversas melloras e actuacións de limpeza nos viais e accesos aos cemiterios do municipio para telos nas mellores condicións para as datas de Todos os Santos e Defuntos.
A brigada de obras procedeuse, durante estes últimos días, a limpar e rozar os entornos próximos aos camposantos e nos principais accesos aos mesmos, especialmente naqueles de maior tránsito e concorrencia de xente.
Este labor faise tradicionalmente de xeito intenso no mes de outubro con independencia doutras actuacións de mantemento puntuais ao longo do ano e que se van acometendo en función das necesidades e das solicitudes que se van facendo por parte da veciñanza.
O alcalde, Jorge Cubela, deu instrucións precisas aos operarios municipais para que reforzaran a presenza de colectores e papeleiras e revisaron as conducións de auga e servizos públicos nos cemiterios do municipio co fin de favorecer as tarefas de limpeza que nestas datas acometen as familias.
Tamén se revisaron e reprogramaron as luminarias das inmediacións dos cemiterios para que permanezan acesas durante máis horas nestes días.
Relacionadas:
-
A Policía Local regulará o tráfico nos cemiterios de San Mauro e Lérez para evitar atascos
Por Redacción |
-
Operativo especial de tráfico en Poio pola festividade de Defuntos
Por Redacción |
-
O Samaín Fest, animación para a ponte de Defuntos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Visitas guiadas no Museo para tratar os rituais da morte na arte durante o Mes dos Defuntos
Por Redacción |
-
Revisan os puntos de luz e os accesos dos seis cemiterios do municipio
Por Redacción |