Desaloxan tres vivendas polo incendio de madrugrada nun bar da rúa Peregrina
Por Diego Espiño
Os servizos de emerxencia tiveron que actuar na madrugada deste sábado nun céntrico local de hostalería da cidade tras declararse un incendio na súa cociña.
Iniciouse ao redor das 1.00 horas da madrugada co local xa pechado, afectando o Bar Premio, na rúa Peregrina.
Debido ao fume e por precaución, a Policía Nacional e a Policía Local procederon ao desaloxo de tres vivendas lindeiras mentres os bombeiros procedían a sufocar o lume.
Este iniciouse, segundo os Bombeiros e a policñia municipal, na zona da campá de extracción apuntando a un aparello de cocina como posible causa.
Os danos centráronse na cociña do local, aínda que o fume tamén afectou o resto do bar.
Os veciños puideron regresar ás súas casas sobre as 2.30 horas da madrugada, cando os bombeiros deron por finalizada a súa actuación unha vez ventilado o lugar.