Ilesos cinco mozos tras chocar de madrugada contra un camión aparcado na Avenida de Compostela
Por Diego Espiño
Foi un choque moi aparatoso, e milagrosamente saldouse sen ningún ferido, segundo confirma a Policía Local de Pontevedra.
Cinco mozos protagonizaron un violento accidente de tráfico na madrugada do venres na Avenida de Compostela, á saída da cidade.
O suceso, segundo informa a policía municipal, produciuse ao redor das 6.00 horas da madrugada ao chocar o turismo cun camión aparcado. No coche viaxan varios mozos de entre 21 e 24 anos.
Ao chegar os axentes ao lugar atopáronse só con catro persoas, identificándose unha delas como condutora. Con todo tras realizar indagacións a Policía constatou que o condutor real ausentouse do lugar do accidente.
Requirido telefonicamente acudiu á zona recoñecendo que era el o responsable de pilotar o coche, ausentándose por temor ás consecuencias, sinala a Policía Local, xa que ao ser sometido á proba de alcoholemia lanzou un resultado positivo de 0,73 mg/l, o que supón case triplicar a taxa máxima permitida.
O condutor foi posto a disposición xudicial acusado dun presunto delito contra a seguridade viaria.