Xornada de flores na Ferrería
Por Redacción & Cristina Saiz
A tradición chea de cor esta fin de semana a Praza da Ferrería co habitual mercadillo de flores coincidindo coa celebración de Todos os Santos.
Especialmente concorrida é a xornada deste sábado, a pesar de non cubrirse a totalidade dos 36 postos ofertados este ano por parte do Concello.
Facilitouno desde primeira hora da xornada a pequena tregua nunha climatoloxía que se espera adversa durante toda a ponte, segundo as previsións.
En total confirmaron a súa participación no tradicional mercado 29 postos durante a xornada de sábado e outros 10 durante este domingo 31 de outubro.