A campaña promocional 'Segue o teu instinto' da Deputación suma en Aveiro o seu noveno premio internacional
Por Redacción
O audiovisual turístico da Deputación de Pontevedra 'Segue o teu instinto', peza central da campaña promocional do destino Rías Baixas - Pontevedra Provincia en 2020, continúa cun paso triunfal o seu circuíto de festivais internacionais.
Este traballo, realizado por Esmerarte Industrias Creativas, conseguiu o seu noveno premio ao ser recoñecido na categoría "International Promotional Films" do ART&TUR – Festival Internacional de Cinema de Turismo celebrado na localidade portuguesa de Aveiro.
'Segue o teu instinto' competía con pezas audiovisuais de 51 países.
O premio recoñece a unha cinta que se caracteriza polo seu carácter intimista centrada en aspectos relacionados coa natureza, o turismo de benestar, a sustentabilidade e o medio ambiente, en liña coa aposta da institución provincial, recollendo tamén cuestións relacionadas co respecto aos animais e á fauna, a acción ecolóxica cidadá e institucional, e a oferta de turismo rural, activo e de aventura na provincia.
Trátase dun recoñecemento que se suma aos cultivados anteriormente por esta campaña pero tamén pola súa predecesora, 'Fame de experiencias', que chegou a acumular ata 14 premios internacionais.
Relacionadas:
-
200.000 euros para promocionar a provincia en 2022 como destino turístico
Por Diego Espiño |
-
Carmela Silva ofrece a provincia como "plató de cine" para reactivar a economía dos concellos
Por María José Pita |
-
"Segue o teu Instinto" inicia con vantaxe a carreira para ser o mellor vídeo de promoción turística
Por Redacción |
-
O vídeo promocional das Rías Baixas "Segue o teu instinto" conquista o seu primeiro premio internacional
Por Redacción |
-
Os soportes dixitais posiciónanse como os mellores aliados para a campaña turística 'Segue ou teu instinto' da Deputación
Por Redacción |