Falece un home de 38 anos nun accidente de tractor en Fontenla
Por Diego Espiño
Un home de 38 anos, veciño de Poio, faleceu este sábado 30 de outubro ao sufrir un envorco co tractor que manexaba.
O accidente tivo lugar ao redor das 17.15 horas da tarde, momento no que unha persoa alertou ao 112 do sucedido, indicando que acaba de producirse o envorco do tractor e que a súa parella atopábase atrapada baixo a máquina agrícola.
Inmediatamente mobilizáronse os efectivos de emerxencia, cunha unidade do 061 e membros do grupos de Emerxencias Sanxenxo e dos Bombeiros de Ribadumia, ao ser necesario liberar á vítima. Tamén a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil participaron no dispositivo.
Tras conseguir liberar o home accidentado, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Segundo informa o 112 Galicia, no momento de sufrir o accidente o home traballaba nunha leira particular situada no lugar de Fontenla, Poio.
A Garda Civil abriu dilixencias para esclarecer as causas do suceso.