VÍDEO.- Un autobús queda atascado en Benito Corbal
Por Diego Espiño
A estreiteza das rúas do centro da cidade pasoulle unha mala xogada a un condutor de autobús, que quedou atascado co seu vehículo este sábado en plena rúa Benito Corbal.
O condutor pretendía virar cara á rúa Sagasta, ao chegar ao fin da zona transitable de Benito Corbal, pero non foi capaz de dar o xiro dificultado por un farol e tamén polos coches aparcados na zona de carga e descarga.
Esta particular escena produciuse ao redor das 20.00 horas deste sábado, coas tendas aínda abertas no medio da principal zona comercial da cidade, o que provocou unha grande expectación.
Para tentar axudar ao paso do autobús vivíronse mesmo escenas curiosas ao tentar entre varias persoas desprazar un dos turismos aparcados para dar maior ángulo de xiro ao autocar.