Xornada de Primarias para o socialismo pontevedrés
Por Redacción
O Partido Socialista de Galicia, o PSdeG-PSOE, viviu este sábado unha intensa xornada de Eleccións Primarias para elixir ao seu próximo secretario xeral.
O vencedor da xornada foi Valentín González Formoso, superando en apoio ao ata o de agora máximo responsable da organización en Galicia, Gonzalo Caballero. Foi o máis votado na Coruña, Ferrol, Santiago, Ourense e Lugo.
Só en Pontevedra e en Vigo o outro candidato, Caballero, contou con máis apoios.
En concreto na sede pontevedresa, á que estaban convocados 296 militantes da cidade e municipios da comarca, depositaron o seu voto 216 militantes, dos que 120 foron para Caballero, 92 para Formoso e 4 en branco.
Ademais na votación para elixir a lista de delegados ao Congreso do PSdeG-PSOE a lista encabezada por Maica Adrio recibiu 109 votos e a de Tino Fernández 91, repartíndose 6 e 4 delegados respectivamente.