O PP reclama a talla dos eucaliptos fronte ao colexio Espedregada
Por Redacción
O PP de Poio preguntará este martes en Comisión de Urbanismo pola falta de actuación do Concello en relación á solicitude presentada en 2016 pola Dirección do Colexio Espedregada sobre os eucaliptos situados fronte o centro educativo.
A popular Rocío Cochón denuncia que "non ten moita explicación que se tallen 75 toneladas de pinos en Monte Baldío xustificando motivos de seguridade, algo realizado contra o criterio dos veciños e sen falar con ninguén, e non se faga nada con estes eucaliptos que son un verdadeiro perigo para rapaces, nais, pais e persoal docente".
Cochón advertiu que estes eucaliptos están situados nunha zona de entrada ao colexio e que varias das súas raíces están o descuberto e "existe un claro perigo de desprendemento".
"Os días de vento son de extremo perigo xa que moitas destas árbores, que están coas raíces ao descuberto, se caesen o farían zona de estacionamento e de entrada ao centro", afirma esta concelleira.