Convocan unha concentración ante as "deficiencias" na atención sanitaria en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis convocou este martes unha xunta de portavoces extraordinaria co obxecto de tratar as deficiencias e falta de persoal que sofre o centro de saúde.
Á xuntanza asistiron o alcalde Manuel Campos e os concelleiros Conchy Campos e Jose Treviño por parte do PSOE, Isabel Couselo polo PP e Santi Martínez como representante de Veciñanza.
Ante a "situación insostible" para as veciñas e veciños de Cuntis acordaron concertar unha solicitude de reunión co conselleiro de Sanidade na que participarán representantes de todos os grupos políticos.
Ademais, decidiron convocar unha concentración de protesta o 19 de novembro ás 13:00 horas diante do centro de saúde.
Relacionadas:
-
Nais e pais de Cuntis entregan máis de 1.600 sinaturas para reclamar a volta do pediatra
Por Redacción |
-
Outro venres de protestas diante do centro de saúde de Cuntis
Por Redacción |
-
Concentración de protesta da veciñanza de Cuntis diante do Centro de Saúde
Por Redacción |
-
A Xunta de Voceiros secunda unha protesta pola situación da sanidade en Cuntis
Por Redacción |
-
A deputada Ángeles Marra traslada o apoio do goberno central ao Concello de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis convoca unha xunta de portavoces para reclamar persoal para o seu centro de saúde
Por Redacción |