Moraña celebra o seu particular Samaín con experiencias de terror
Por Redacción
O Concello de Moraña levou as celebracións ao redor do Samaín e a festividade de Defuntos a diversos puntos do municipio.
Deste xeito, converteu a antiga escola de Santa Xusta nunha "casa do terror", na que tamén se organizou unha "andaina terrorífica", unha experiencia que divertiu a pequenos e adultos e que, sinalan fontes municipais, resultou todo un éxito.
A actividade organizouse en dúas quendas, un inicial para os máis pequenos, que empezou ás 17.30 horas, no que participaron 53 rapaces, e outro para adultos, que comezou ás 20.30, no que tamén participaron cerca de 150 persoas e que durou ata pasada a unha da madrugada.
Ademais de todo o decorado e as actuacións "arrepiantes" que había dentro do inmoble, tamén se aproveitou a zona de atrás, onde está o invernadoiro, para facer un percorrido algo máis longo e enriquecer a experiencia.
Os participantes foron entrando en grupos de entre 5 e 6 persoas e fixeron todo o percorrido en pases duns 15 minutos.
Relacionadas:
-
Medo e diversión no túnel do terror do Samaín de Moraña
Por Redacción |
-
Tanxugueiras poñerá o broche de ouro ao magosto de Moraña
Por Redacción |
-
Os esqueletos toman os xardíns das Prazas de España e Ourense
Por Redacción |
-
O Sánchez Cantón, un "hospital de terror" polo Samaín
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Samaín Fest, animación para a ponte de Defuntos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os coles de Marín prepáranse para vivir un Samaín terrorífico
Por Redacción |