Conclúe a reforma da EP-0506 entre Curro e Portela para mellorar a seguridade viaria
Por Redacción
As obras para mellorar a seguridade viaria na EP-0506 entre Curro e Portela finalizaban estes días coa renovación total do firme da calzada baixo os parámetros que marca a Deputación de Pontevedra en relación coa mobilidade sostible.
Gregorio Agís, deputado provincial de Infraestruturas, achegábase este mércores por esta zona no Concello de Barro acompañado polo alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes.
O investimento realizado superou os 330.640 euros cunha renovación de 3,7 quilómetros de calzada e a incorporación de elementos de acougado de tráfico para incrementar a seguridade tanto de condutores como de peóns, segundo indican desde a Deputación de Pontevedra.
Mellorouse tamén a intersección cunha estrada municipal, ademais de renovar a sinalización ao longo do percorrido con limitación da velocidade a 50 km/h. Tamén se limparon as marxes e se reperfilaron as cunetas, con saneos en 420 metros cadrados e fresado en 35.000 metros cadrados. A obra conta supuxo a creación dunha semiglorieta e un illote no entronque ao comezo da estrada.