Conta atrás para o Marín Gaming Fest
Por Redacción
O Pavillón da Raña xa se atopa en tempo de desconto para o Marín Gaming Fest, que esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7, traerá á vila varios torneo dalgúns dos xogos máis populares na actualidade, así coma un concurso de cosplay e varios stands de artistas relacionados co mundo gamer.
O torneo de Super Smash Bro Ultimate inaugurará ás 11.00 horas este evento, organizado polo Concello de Marín e a Asociación Gaming Troop. Este primeiro torneo terá un premio de 150 euros para o gañador.
A partir das 16.00 horas, será a quenda para o Fortnite, cun premio de 50 euros.
Ao remate do evento, cerca das 19.30, a diversión e a cultura trasladaranse á Alameda, coa celebración do Best Hit Battles, o evento de batallas de freestyle organizado en colaboración co grupo marinense BhB Edition, e no que participarán os 32 freestylers máis importantes de Galicia neste ámbito. En caso de chuvia, o evento moverase ao Pavillón da Raña.
O domingo a xornada tamén comezará ás 11.00 horas, coas semifinais do torneo de League of Legends, que está na fase previa online desde o 25 de outubro ata o xoves 4. Neste caso, o premio ascenderá a 250 euros.
Ás 12.00, haberá unha charla sobre o fenómeno cosplay a cargo de Lowell (@luscofuscocosplay).
A partir das 16.00 horas, o torneo de Fifa será o protagonista e xogarase un premio de 50 euros.
Pechará a xornada o Concurso de Cosplay, que se iniciará ás 17.00 horas. No concurso, poderase participar de forma individual ou conxunta e pode ser con actuación ou só en modalidade pasarela. A confección, xa sexa textil ou de armaduras, será o que máis valore o xurado, conformado pola cosplayer encargada da charla da mañá, Lowell e Sandra Garo (@unskilledprojects), ademais de por unha persoa da organización.
O evento contará con stands de artistas locais relacionados co mundo do gaming, coa participación de Rou Rodas (@rourodas), Eternalverse Games (@eternalversegames), Chuco Anxo (@chuco_anxo), Diomond (@diomond.is.art), Saraiva Beauty (@saraivabeauty.artesanal), Angyreimi (@angyreimi), Yumi Vigo Art (@yumivigoart), El taller de Puri (@purisworkshop), Recuncho Máxico (@recunchomaxico), Maora (@maora_art), Tai (@taippen), Reluc Brainstorm (@reluc_brainstorm), Luchi (@luchichufer), Antikachu (@tuvecina_antikachu), Aznir (@whinquiver) e Gáidil (@gaidilbueu).
Relacionadas:
-
A final autonómica das Best Hit Battles será en Marín
Por Redacción |
-
A organización do Marín Gaming Fest xa pensa nunha segunda edición despois do éxito acadado na estrea
Por Redacción |
-
Unha "batalla de galos" na Alameda complementará o Marín Gaming Fest
Por Redacción |
-
Torneos, experiencias de simulación de carreiras e concursos de cosplay converterán Marín en capital do videoxogo
Por Redacción |