Persoal da Autoridade Portuaria fórmase na extinción de lume e no uso do desfibrilador
Por Redacción
Traballadores especializados da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 formaron durante os últimos días a persoal da Autoridade Portuaria de Marín para que coñezan o funcionamento dun desfibrilador semiautomático (DESA).
O Porto de Marín conta desde hai anos cun equipo desfribrilador destas características. A través do curso práctico, as persoas participantes adquiriron coñecementos básicos para recoñecer unha emerxencia e para poñer en marcha a cadea de supervivencia no caso de que se rexistre unha parada cardiorrespiratoria.
Tamén neste proceso de formación, persoal do organismo marinense participou nun curso para detectar e extinguir incendios, no que tamén se realizaron prácticas sobre o uso dos equipos de primeira intervención. A formación desenvolveuse nas instalacións de Seganosa, en Salvaterra do Miño.