Pontevedra busca espazos alternativos ao Recinto Feiral para o 'vacunódromo'
Por Alejandro Espiño
Tras renunciar a seguir utilizando o Recinto Feiral como 'vacunódromo', as autoridades sanitarias galegas rectificaron. Optan por reabrir os grandes centros de inmunización contra a covid-19 nas principais cidades.
Pero esta circunstancia choca cos plans que os respectivos concellos, despois de confirmar que o Sergas xa non utilizaría os espazos cedidos para a campaña de vacinación, teñen para os recintos que estiveran reservados para este fin.
É o caso de Pontevedra, onde o Recinto Feiral xa está comprometido para eventos como o Culturgal, o desfile de moda Debut ou a feira gastronómica Etiqueta Negra. Tamén a propia Xunta, a través do Xacobeo, utilizará este espazo para un festival de música.
Ante a imposibilidade de cancelar estes eventos xa confirmados e en pleno proceso de organización, o Concello manifestou a súa negativa para ceder de novo o Recinto, ao entender que as vacinacións pendentes pódense realizar nos centros sanitarios.
A pesar diso, nas últimas horas o goberno municipal confirmou que emprendeu a procura de espazos alternativos na cidade que se poidan ceder ao Sergas para acoller estas novas campañas de vacinación contra a covid-19.
Por agora, non desvelaron que espazos están a estudarse aínda que, en todo caso, deberán ser recintos pechados e onde o Sergas poida gardar o material necesario para que os profesionais sanitarios poidan desenvolver o seu labor inmunizadora entre a poboación.
Relacionadas:
-
O Sergas habilitará no Recinto Feiral de Pontevedra un punto para realizar probas de antíxenos á poboación
Por Redacción |
-
Funcionarios e pacientes accederán por lugares distintos ao edificio da Xunta durante a campaña de vacinación
Por Manu Otero |
-
Sanidade habilita a sede da Xunta en Campolongo como centro de vacinación masiva
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Culturgal 2021 xa ten reservadas todas as súas casetas
Por Redacción |
-
Técnicos municipais e do Sergas buscan "por terra, mar e aire" un espazo axeitado para a vacinación masiva
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Pontevedra arranca a semana sen pacientes covid nos seus hospitais e 69 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Vilagarcía propón ao Sergas que se use a Comandancia como centro de vacinación ante a ocupación de Fexdega
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide a Lores que recapacite sobre a cesión do recinto para a vacinación e lembra que a pandemia non rematou
Por Redacción |
-
Lores remite ao Sergas a vacinar nos centros de saúde porque o Recinto Feiral vai ocuparse con outras actividades
Por Redacción |